Estudamos os snacks

Os rapaces de 4º PDC decidimos facer un estudo para ver que é o que comemos, cando tomamos snacks.

Son saudables, ou pola contra son tan malos como algúns din?

Aquí nos tendes facendo o noso estudo.

pdc6      pdc7

pdc8      pdc4

Mirade todo o que traballamos!!!

snaks

Aquí tendes as fichas que elaboramos de cada producto:

OS SNACKS SÓ DE CANDO EN VEZ

A  nosa conclusión final:

Podemos concluír logo de facer o estudo, que comer snacks e moito mais caro do que podíamos chegar a pensar, un quilogramo destas sustancias rolda de media os 14€, mentres que un quilogramo de plátanos, por exemplo, pode custar 2€, MOITO MAIS BARATO E MOITO MAIS SAN.

 Ademais, a cantidade de sal,e graxas inxeridas nunha soa bolsa destes produtos supera a recomendada para unha cantidade tan pequena de alimento.

 Polo que, aínda que non é necesario eliminalos radicalmente da nosa dieta, si é recomendable non tomar moitos, unha bolsa a semana ou mes.

 Animamos a toda a xente a comer mais verduras e froitas, e a levar unha dieta equilibrada e saudable.

 

Libro FAO: “Legumbres: Semillas nutritivas para un futuro sostenible

A nosa recomendación como lectura agora que chega o verán:LIBRO FAO

Como parte integral do Ano Internacional dos Legumes destinado a aumentar a conciencia mundial sobre a multitude de beneficios dos legumes, este libro é unha guía, un libro de cociña e informativo.

O libro fálanos dos legumes, e explica por que son alimentos importantes para o futuro.

Conta con receitas, algunhas preparadas polos máis prestixiosos chefs do mundo.

Ademais, é un libro que nos vai levar a unha viaxe ao redor do mundo e nos mostra como encaixan os legumes na historia e cultura das diferentes rexións.

Non o dubidedes, sen dúbida unha boa elección!!!

As nosas receitas

Os rapaces de 1º ESO queremos aproveitando que ven o verán e teremos máis tempo, experimentar na cociña e preparar para os nosos amigos, familia e claro está para nós ricas receitas.

De momento empezamos co “deseño.

Xa os iremos contando como están de boas!!!

As nosas receitas

Macedonia de froitas

Bolboreta saudable

Batido refrescante

O tren da alimentación

Os alumn@s de 1º ESO deseñamos un tren das calorías que debemos tomar nun día. Cada vagón vai cargado dos nutrientes necesarios nas proporcións axeitadas para nós.

Logo cada un, elaborou un menú saudable para un día; así, se os xuntamos podemos ter un menú variado para unha semana ou incluso un mes.

tren1Se queres ver o noso traballo preme no enlace.

tren