No día do libro, recomendámosvos Mateschef do autor Claudi Alsina e que podedes encontrar na Augateca (a nosa biblio).

Un libro para aprender matemáticas cociñando … ou para aprender a cociñar calculando.

unspecified

 

O que faltaba!. Para comer ou cociñar tamén necesitamos matemáticas?

Tranquilos!. Afortunadamente a humanidade logrou guisar e comer dende sempre sen saber grandes cousas. Pero entón, para que este libro?

Pois para divertirnos mentres aprendemos un pouco de matemáticas. Para descubrir a importancia da ciencia en utensilios como latas de conserva, o wok ou a ola a presión; para ver con outros ollos verduras con formas fractais; para aplicar as receitas dun libro ao noso número de comensais; ou simplemente, para aprender a facer dieta de forma máis efectiva.

Porque os números están presentes nas etiquetas, nas cantidades, nos volumes, nas temperaturas de cocción. Hai unha xeometría de obxectos, dos ingredientes. E na cociña hai que facer regras de tres, sumas e porcentaxes. Por non falar, claro, da importancia da economía doméstica no carro da compra.

Todos somos cociñeiros e comensais e polo tanto o libro quixera ser de interese para calquera que desexe ver esas relacións curiosas entre xeometría e cociña. E converternos, así, en auténticos mateschefs.

 

Fonte: casa do libro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s