A epidemia da obesidade e sedentarismo provoca que cada vez máis persoas de corta idade sufran diabete, unha enfermidade que mata cinco millóns de persoas ao ano

10 MAR 2016

Nuño Domínguez El PAIS

Dende hai uns anos Europa presencia un fenómeno inaudito: nenos que sofren unha enfermidade típica de persoas maiores.

O cambio radical de estilo de vida nas sociedades industrializadas e a epidemia de gordura entre nenos, rapaces e adultos agravada pola comida lixo e as bebidas azucradas están acelerando outra epidemia paralela de diabete tipo 2, a variante máis común desta enfermidade.

O fenómeno é tan novo que apenas hai datos e estudos sobre o tema. Sen embargo, a Federación Internacional da Diabete (IDF) xa alertou de que pode converterse nun novo problema de saúde pública mundial. “Necesítase urxentemente máis información sobre este novo aspecto da epidemia global de diabete”, resalta a organización, que agrupa a asociacións nacionais de 160 países, incluída España, e está apoiada pola industria farmacéutica.

“Ata agora a diabete tipo 2 só afectaba a persoas de máis de 50 anos, o pico de casos detectábase aos 65 anos, e en persoas novas nunca se encontraba”, explica Albert Goday, xefe da sección de Endocrinoloxía do Hospital del Mar. “Agora, en España, estamos vendo que os nenos con obesidade teñen cada vez máis diabete tipo 2”, resalta.

A diabete é unha enfermidade crónica na que o corpo perde a súa capacidade de producir insulina ou vólvese resistente a ela. Esta hormona controla os niveis de azucre en sangue e cando falta ou falla, o exceso de azucre causa danos en diferentes órganos e acaba producindo serios problemas de saúde. A diabete tipo 1 é unha enfermidade autoinmune cun forte factor xenético. Na de tipo 2, os maiores factores de risco son a mala alimentación, a obesidade4 e a falta de exercicio. Estímase que comer san e facer algo de deporte poderían evitar ata un 80% de novos casos que se rexistran cada ano.

“España ten unha das taxas de obesidade máis altas de Europa”, recorda Goday, o que explica por que no noso país se están empezando a ver nenos diabéticos, algo impensable fai apenas uns anos. Aínda que hai datos precisos, o experto cree que este fenómeno ven rexistrándose dende fai “uns cinco anos”.

Edelmiro Menéndez, presidente da Sociedade Española de Diabete (SED), confirma que “hai unha tendencia” de xente cada vez máis nova que se volve diabética debido sobre todo á obesidade, á que poden sumarse factores hereditarios se houbo casos previos na súa familia. “Estamos vendo rapaces de máis ou menos 20 anos que son obesos mórbidos e que comezan a ser diabéticos, antes case nunca o viamos e agora si”, detalla Menéndez, xefe do Servizo de Endocrinoloxí do Hospital Universitario Central de Asturias.

A falta de datos non se debe a unha falta de vixilancia, explica Albert Espelt, da Agencia de Salud Pública de Barcelona e portavoz da Sociedade Española de Epidemiloxía (SEE). Espelt leva anos estudando a incidencia da diabete en Europa. “Tradicionalmente só se mirou á poboación adulta porque é onde hai máis incidencia” e a infantil tipo 2 era practicamente inexistente, resalta.

Os primeiros sinais de alarma detectáronse en EEUU. Segundo un estudo do 2005 neste país, en só 15 anos a diabete tipo 2 entre nenos e adolescentes pasou de 3% de todos os novos casos a ata o 45%, cunha incidencia desproporcionada entre as minorías étnicas, as máis desfavorecidas. O traballo alertaba dun “patrón similar” en Europa e Asia.

Raquel Barrio, xefa da Unidade de Diabete Pediátrica do Hospital Ramón y Cajal de Madrid e vicepresidenta da SED, cre que a situación en España é moito menos grave que nestes países. Aínda non hai estudos a nivel nacional, sinala que a diabete tipo 2 entre nenos é aínda “mínima, só en torno ao 1% de todos os casos xulgando ao que vemos na nosa unidade”, debido en parte a que os europeos somos menos propensos xeneticamente a esta enfermidade. Si recoñece que esta doenza se diagnostica a persoas cada vez máis novas. Nesta variante da enfermidade en nenos, en torno ao 90% dos casos require o uso de insulina e outros fármacos, segundo a Academia de Pediatría de EEUU.

Fonte: Nuño Domínguez El PAIS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s