Unha porcentaxe importante (entre o 30 e o 50%) de nenos, adolescentes e adultos novos, consumen regularmente bebidas enerxéticas.

Esta “moda” ten riscos para os consumidores; de feito hai informes que poñen en evidencia numerosos efectos secundarios.

Estas bebidas enerxéticas conteñen cafeína, taurina, azucres, vitaminas e edulcorantes.

A cafeína

  • A taxa de cafeína é  de 4 a 5 veces superior á dos refrescos de cola.

A taurina

  • A taurina, presente no organismo, aumenta a contractilidade dos músculos.
  • Nas bebidas enerxéticas, está presente en fortes concentracións.

Azucres

Conteñen azucres derivados da glicosa, presentes en concentracións moi importantes.

Efectos secundarios

Presentan numeroso efectos secundarios:

  • Convulsións.
  • Taquicardia e trastornos do ritmo cardíaco.
  • Hipertensión arterial.
  • Diabete.
  • Trastornos do sono.
  • Trastornos do comportamento e do humor: conduta agresiva, violencia, irritabilidade, alucinacións…

Interaccións con medicamentos

As bebidas enerxéticas poden ter interaccións con certos medicamentos.

Riscos aumentados por beber bebidas enerxéticas

Un estudo publicado no 2008 na revista “Journal of Adolescent Health”, baseado en 795 estudantes de New York, amosou que aqueles que consumían moitas bebidas enerxéticas, xa sexa seis ou máis, ao mes, tiñan en promedio tres veces máis riscos que os  consumidores pouco asiduos e os non consumidores de ser fumadores, de abusar de medicamentos pero tamén de teren pelexado violentamente durante o ano anterior ao estudo. Por outra banda, tamén tiñan dúas veces máis riscos de fumar marihuana e de ter un consumo problemático de alcohol. (Fonte Relax news)

Consellos

  • Evitar consumir estas bebidas.
  • Non combinar con alcohol, nin medicamentos que teñan acción sobre o sistema nervioso central ou que causen efectos neurolóxicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s