Cando tomamos un zume, as veces non sabemos que estamos tomando en realidade:

  • Zume 100% espremido: este tipo de zume envasado contén 100% de zume de froita e é sometido a un proceso industrial e de empaquetado que xeralmente permite conservar máis vitamina C respecto a outro tipo de zumes. É un zume que xeralmente comercialízase elaborado en base a laranxa e non se engade auga, azucre nin ningún outro tipo de ingrediente máis ala do zume de froita espremido.
  • Zume concentrado: obtense sometendo o zume de froita a un proceso térmico no cal se evapora ata o 85% de auga, polo que ao envasarse se lle engade auga, polpa de froita, aromas e outras substancias coma conservantes e demais que o volven menos saudable que a opción anterior por ser máis artificial.
  • Néctar:  é un derivado do zume de froita que contén 50% de zume concentrado máis un 50% de auga e azucre. Ten unha elevada concentración de azucres simples e substancias engadidas porque está elaborado en base a zume concentrado. É menos saudable aínda porque é máis artificial e concentrado en azucres que os anteriores.
  • Bebida de froita: mal chamada zume porque só contén un 10% de zume de froita e o resto é auga con saborizantes, aromatizantes e demais substancias químicas. Non só aporta azucres e ingredientes industriais senón que non posúe vitaminas, minerais nin polpa de froita, polo tanto, é a opción máis artificial de todas e por elo gañou o último lugar entre a lista de zumes envasados si buscamos o máis saudable.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s