As veces apetécenos tomar unha bebida doce e fresca. Por que non facela tamén saudable?

Aquí tendes unhas receitas de refrescos feitos a partir de froitas e ingredientes naturais.

Probádeos, están moi bos!!

Amorodos, limón e albahacahttps://i0.wp.com/comidas-saludables.com/wp-content/uploads/2015/05/1_2.jpg

Ingredientes:

4-6 amorodos cortados en cuartos

medio limón, cortado en rodas

un puñado de albahaca

xeo e auga

Instrucións:

Encher unha xarra co xeo e a froita.

Esmagar lixeiramente a albahaca para que libere o seu sabor. Cubrir con auga fría.

Deixar facer infusión ao menos 1 hora.

Laranxas con arandoshttps://i1.wp.com/comidas-saludables.com/wp-content/uploads/2015/05/2_1.jpg

Ingredientes:

6 cuncas de auga

2 laranxas, cortadas en anacos

un puñado de arandos

xeo

Instrucións:

Mesturar todos os ingredientes nunha xarra e deixar que repouse durante un día na neveira antes de beber.

Se queremos que teña máis sabor podemos espremer a laranxa.

Sandía e mentahttps://i0.wp.com/comidas-saludables.com/wp-content/uploads/2015/05/3_1.jpg

Ingredientes:

algúns anacos de sandía

algunhas follas de menta.

Instrucións:

Engadir a froita a unha xarra e logo encher con auga. Deixar que faga infusión entre 2-8 horas na neveira.

A cantidade de froita e persoal. Canta máis froita, máis doce e máis sabor.

Cítricos e cogombro

https://i2.wp.com/comidas-saludables.com/wp-content/uploads/2015/05/4_1.jpg

Ingredientes:

2-3 litros de auga

2 laranxas grandes, en rodas

1 limón, en anacos

1/2 cogombro grande, en rodas

1 puñado de menta fresca

Instrucións:

Poñer as laranxas, o limón e o cogombro na xarra de auga. Usando unha culler longa, machacar un pouco as froitas e verduras: isto vai liberar máis sabor.

Triturar a menta suavemente para liberar os seus aceites naturais: engadir á xarra.

Engadir auga á xarra e revolver para comezar o proceso de infusión.

Podemos tardar en beber ata un máximo de 2 días gardando o refresco no refrixerador.

Amorodos, lima e cogombrohttps://i1.wp.com/comidas-saludables.com/wp-content/uploads/2015/05/5_2.jpg

Ingredientes:

1 cunca de amorodos cortados

1 cunca de rodas de cogombro

2 limón en  rodas.

1/4 cuncas de follas de menta fresca

Xeo

Auga

Instrucións:

Poñer na xarra os amorodos, os cogombros, as rodas de limón e as follas de menta xunto co xeo. Encher de auga. Deixar arrefriar durante 10 minutos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s