O poder da publicidade e as modas inflúen moi directamente nos nosos hábitos coma consumidores. Un exemplo é a importante proliferación de bebidas isotónicas, axeitadas para deportistas, e que se están vendendo coma un perfecto hidratante para consumir habitualmente.

Debemos ter coidado con isto, xa que o seu consumo habitual pode traer serias consecuencias para a nosa saúde. Non debemos deixarnos levar pola publicidade, que nolos presenta como produtos milagrosos e que nos darán máis vitalidade non noso día dia.

Xa sabemos que todo consumido en exceso é malo para a saúde.

Estudios recentes demostran que moita xente nova é asidua o consumo de bebidas isotónicas coas que sustitúen os refrescos. Isto en parte débese a que nolas venden como o mellor para obter os niveis de minerais que o noso corpo necesita. Isto é así, pero para elo é importante que haxa unha perda de estes minerais a través da sudoración.

Cando realizamos exercicio o noso corpo elimina moitos sales minerais a través da suor e por iso debemos repoñelos, e unha boa forma é consumindo estas bebidas. No caso de deportistas, estes preparados son básicos, pois dan un aporte rápido de nutrientes.

O problema está cando moita xente que non practica deporte inxire estas bebidas para repoñer minerais e acaba por sustituír a auga por elas. Neste caso o noso corpo recibe un aporte extra de minerais, que normalmente recibimos a través dos alimentos, e que nunha persoa que non practica deporte, son suficientes. Nestes casos o noso organismo aumenta o seu nivel de sodio, potasio e micronutrientes, que son substancias que soen conter estas bebidas.

Unha vez que adoitamos o hábito de consumir estas bebidas por sistema estamos inxerindo gran cantidade de minerais innecesarios para o noso organismo e que nos poden facer máis mal que ben.

Unha das súas principais consecuencias é que podemos desenvolver unha lesión ou enfermidade nos nosos riles, ademais de incrementar o risco de sufrir arritmias cardiacas e edemas en diversas partes do noso corpo por acumulación de líquidos.

É aconsellable que desterremos este tipo de bebidas da nosa dieta habitual.

No seu momento foron concebidas para repoñer os sales minerais que perdemos co deporte, e debe seguir sendo así.

O ideal para hidratarnos diariamente é auga.

deporiso

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s