A todos nos gustan as “chuches”, por que non facelas nós e que ademais sexan saudables?

Con esta sinxela receita podemos facer gomiñas saudables; será ademais unha forma divertida de comer froitas e verduras.

Para facelas, o máis recomendable é usar moldes de silicona, xa que será máis sinxelo sacalas do molde. Se non temos, podemos usar unha fonte de vidro apta para o refrixerador e logo cortalas en dadiños.

Na receita 1 taza equivale a 240 ml.

Gomiñas de zume de froita e verdura

Algunhas combinacións posibles.

Vermello/rosado: remolacha, amorodos, cenorias e un pouco de zume de limón.

Laranxa: cenorias, laranxas, xenxibre e un pouco de zume de mango.

Amarelo: pera amarela, mazá amarela e un pouco de zume de limón.

Verde: col, kiwi, cogombro, mazá verde e lima. Outra opción é utilizar uvas verdes.

Morado: repolo morado, moras, arándanos, un pouco de remolacha e unha mazá.

rainbowgummies

Ingredientes

1 1/2 taza de zume de froita ou verdura fresca.

4 culleradas de xelatina sen sabor.

De 2 a 4 culleradas de mel.

1/2 culleriña de extracto de vainilla (opcional).

 

Procedemento

  1. Verte o zume nunha ola pequena. Espolvorea a xelatina e déixaa repousar uns minutos, ata que a superficie se vexa engurrada e o po absorba o líquido. Logo revolve.
  2. Coloca a ola a lume medio. Deixa que o preparado se quente, sen ferver. Deberá pasar de espeso a líquido. O importante será que toda a xelatina se disolva. Poderás comprobar que isto sucedeu ao somerxer un dedo no líquido e fregalo contra o polgar. Se se sente suave, estará listo. Se se sente granulado, deberás deixalo máis.
  3. Agrega o mel e o extracto de vainilla.
  4. Verte nun molde e refrixera de dúas a tres hora ou ata que estea listo.
  5. Desmolda as gomiñas. Podes conservalas no refrixerador dentro dun recipiente hermético de dúas a tres semanas.
fonte: http://www.labioguia.com/notas/como-hacer-gomitas-naturales-y-saludables

Unha resposta »

  1. Carmen di:

    Teñen unha pinto boísima, haberá que probalas 🙂

    Gústame

Deixa unha resposta a Carmen Cancelar a resposta