O día 12 de Novembro é o Día Mundial da loita contra a obesidade.

Debido principalmente aos malos hábitos dietéticos, un terzo da poboación do mundo padece a enfermidade da obesidade, número que aumenta cada día e se asocia a importantes complicacións de saúde, vellez e morte prematuras.

Considerada unha pandemia, a Organización Mundial da Saúde, OMS, inclúe a obesidade e o sobrepeso como características de malnutrición.

Constitúe un dos máis serios problemas de saúde, e está vinculado cun elevado risco de enfermidade coronaria, hipertensión arterial, diabete e concentración de lípidos (graxas) en sangue e, en menor grado, co cancro, enfermidade vesicular, osteoartrite, dificultade respiratoria e lumbalxia; é dicir, que é a causa de morbilidade, discapacidade e menor calidade de vida.

No 1999 a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, FAO, destacou a presenza desta epidemia en todas as nacións en vías de desenvolvemento, incluíndo rexións moi pobres onde as dietas pouco equilibradas provocan sobrepeso.

Este día estableceuse para contribuír a que os gobernos e institución e organizacións de todos os países comprometan esforzos na prevención e tratamento da obesidade, creando conciencia sobre a necesidade de modificar hábitos alimentarios e formas de vida.

Beneficios-alimentacion-saludable-delimas-945x944

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s