Marchamos de vacacións!!!

Logo de todo un curso de traballo chega o momento das vacacións

As “profes” participantes no proxecto “Xermolón” desexámosvos que pasedes un divertido verán

 

tarxeta veran

A recargar pilas, para o curso que ven.

Ata setembro!!!!

Telexornal Pedra da Auga

Últimas noticias no telexornal do Pedra da Auga!!!

Á redacción de 4º PDC acaba de chegar unha importante noticia;  interrumpide o que esteades a facer!!!!

A presentadora estrela do noso IES, Lara, cóntanos as últimas noticias que nos chegaron sobre a obesidade infantil.

Nos vos podedes perder  o que nos conta.

Escoitade con atención porque é moi importante o que nos ten que dicir.

E ollo con levantarse cando rematen as noticias!!

Ángela e Álex promocionan a mellor lambetada para este verán.

Este si que é un anuncio de calidade!!!

  rico rico    rico rico    rico rico

 

Come sano

Non sabes que facer para que:

  • os teus nenos
  • os teus irmáns pequenos
  • os teus amigos

coman máis froitas e verduras!!!

 

Cansa de escoitar:

  • a verdura para os animais
  • isto non me gusta
  • podo tomar mellor, unha pizza …

 

Logo de ver este vídeo de Verónica e Nanda de 4º PDC, seguro que moitos (sobre todo os máis pequenos) cambian de opinión

 

Imos cambiar, xuntos podémolo lograr!!!!…

CANCIÓN DA DIETA SAUDABLE

E aquí están as “marchosas” rapazas de 2º ESO B,  Alba, Antía, Ana, Naiara, Verónica e Cristina, que coa axuda da “profe Rosa Casero “  adicaron varios recreos a ensaiar e gravar  este vídeo tan divertido.

Esperamos que sigades os seus consellos e a comer froita, froita, froita….